O PP acusa ao Concello de “fomentar e tolerar” o consumo de alcohol en menores durante as peñas

PONTEVEDRA> O Partido Popular volveu a criticar esta mañá a actividade do goberno municipal en relación á celebración das “peñas”. Os populares aseguraron que estas festas están “desmadradas” porque se converteron nun “botellódromo no que todo está permitido”. Por iso, piden ao Concello que leve a cabo un dispositivo especial sanitario co obxectivo de reducir todas as incidencias que se produciron na cidade nos últimos días.

O Partido Popular está canso de que a cidade se converta nun botellódromo descontrolado durante a celebración das “peñas”. É por iso que piden ao goberno municipal un dispositivo especial sanitario e de limpeza similar ao que se desenvolve noutras festas como a Feira Franca. Os populares esixen tamén ao Concello que recapacite e que solucione todos os problemas que esta celebración xera aos veciños, turistas e hostaleiros.

Segundo os datos proporcionados polo Partido Popular, as ambulancias do 061 atenderon esta fin de semana 19 intoxicacións etílicas. 8 delas a menores de  idade. Unha situación que, para os populares, é consecuencia da indiferenza que mostra o Concello.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, asegurou onte que o Concello estudaría a posibilidade de instalar urinarios durante as festas. Unha decisión que foi recibida así entre os os populares.

O Partido Popular non entende a posición do goberno municipal en relación con estas festas, sobre todo, no que ten que ver co consumo de alcol en menores. Un problema que, segundo os populares, se podería solucionar coa instalación de barras.