O Goberno Local non aproba a modificación do cobro do IBI

Pontevedra> A Xunta de Goberno Local acordou este luns non modificar o cobro do IBI, aprobado no último pleno da corporación. Nin o pago do imposto en cinco prazos nin bonificacións para familias numerosas, un informe técnico por parte da tesourería municipal informou desfavorablemente ás dúas medidas que solicitaron todos os partidos da oposición.

Un informe técnico realizado por parte da Tesourería municipal informou desfavorablemente sobre o pago do imposto de ben inmobles en cinco prazos e sobre as bonificacións para familia numerosa, así o informou esta mañá o voceiro da Xunta de Goberno, quen dixo que con dito informe a Xunta de Goberno non modificará o cobro do IBI, unha medida que foi aprobada no pasado pleno polos grupos da oposición Marea, Ciudadanos, PSOE e Partido Popular.

Unha Xunta de Goberno que tamén aprobou traballos de calmado do tráfico en Mourente, para a seguranza viaria dos veciños e dos pais, nenos e docentes do CEIP Vilaverde.

Raimundo González tamén informou de que este venres asinarán o convenio de colaboración coa Deputación para o financiamento das obras de dous campos de fútbol, o de Campañó, por 999 mil euros e o de Ponte Sampaio por 1 millón 397 mil euros.

Unha vez asinado este convenio, adxudicarán canto antes as obras para poder comezar os traballos coa máxima celeridade.