Silva tacha ó PP de ‘hooligans’ pola colocación de carteis

> Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, o PP tense convertido nun partido de hooligans. Carmela Silva valoraba así a campaña iniciada dende a formación provincial, que están a colgar carteis para denunciar a paralización de proxectos da administración que ela preside. Traballos que, segundo Silva, son ilegais. Hai unhas semanas o Partido Popular de Pontevedra puxo en marcha unha campaña: están a colgar carteis para denunciar a paralización de proxectos por parte da Deputación de Pontevedra. Unha medida que sorprende á presidenta provincial. Os populares colgaron o primeiro destes carteis en Meis pola paralización da urbanización dunha estrada. Esta semana fixeron o mesmo na variante de Rebón, en Moraña, paralizada en xullo. Silvan tamén apuntou que estes carteis estánse a colgar se permiso, e situou esta acción n aliña dos escraches que, asegurou, convocaron os populares en varios plenos. Como exemplo, Carmela Silva referiuse á Pousada da Ribadumia, paralizada por estar construída nun terreo propiedade do Arcebispado, que impide ao concello conceder a licenza. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/carmela_silva_criticas_pp_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/carmela_silva_criticas_pp.mp4{/flowplayer}