O derrube dun falso teito queda nun “bo susto” no Isidora Riestra

Pontevedra> Gran susto co que amenceron esta mañá no CEIP Isidora Riestra de Poio. A profesora de cuarto de primaria atopouse con que o falso teito da aula caera sobre os pupitres. A única boa nova desta noticia é que estes feitos tiveron lugar na fin de semana e non hai que lamentar máis danos. Dende o centro agardan que a Xunta se poña a traballar canto antes na recuperación deste espazo.

Cun bo susto, así comezaron o día os docentes do CEIP Isidora Riestra cando abriron as portas da aula de 4 de infantil e se atoparon co falso teito caído.

O único positivo desta nova é que tivo lugar na fin de semana

O día transcorreu con normalidade neste centro e os alumnos de tres anos desta aula foron reubicados noutra clase

Dende o concello lembraron esta maña que as obras dos centros son competencia da Xunta de Galicia, son eles sempre os que dan o visto bo a todos os traballos. Neste caso estamos a falar dunha obra que se fixo hai 5 anos. Dende o concello piden máis atención por parte do Goberno Autonómico nos centros educativos de Poio.

Dende o centro dixéronnos esta mañá que xa estiveron alí tanto os técnicos do concello como os da Xunta de Galicia quenes aseguraron que o resto das aulas están en perfecto estado, o único problema existente era con esa, que é a única que ten falso teito.

O que agardan dende o CEIP Isidora Riestra e que estes traballos se acometan canto antes para volver á normalidade.

Por fortuna este falso teito decidiu caerse en horario non lectivo, senon os danos podería ser moito máis grandes. Agora tócalle ás administracións públicas poñerse a traballar e darlle o 100 por 100 da seguridade a este centro do concello de Poio.