Rianxo activa unha campaña para loitar contra a vespa velutina

RIANXO> O Concello contará coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para tratar de erradicar a esta especie invasora. Esta pasada fin de semana o concello de Rianxo presentaba unha campaña centrada na prevención e na loita contra a vespa velutina. Para poder levala a cabo o executivo conta coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil a quen o alcalde, Adolfo Muíños, agradeceu o seu traballo desinteresado. Para tratar de erradicar esta especie invasora o executivo decidiu este ano implicarse coa instalación de trampas, adquiríndose xa un total de 300 trampas para seren distribuídas por todo o municipio. Aqueles veciños interesados en saber máis desta campaña poden dirixirse ó Concello ou ben a propia Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.