A POBRA> María Dolores Rosende é a afortunada gañadora do premio estrela da campaña de Nadal do comercio local. O rasca obtido por unha compra na tenda de deportes Maniotas agochaba a viaxe a Eurodisney.
O alcalde da Pobra facía entrega esta mañá dunha viaxe familiar a Eurodisney a María Doloeres Rosende. Trátase do premio gordo da campaña Raña e Gaña de Nadal, patrocinado pola empresa Congalsa.
O rasca premiado foi entregado pola tenda de Deportes Maniotas. As súas responsables amosáronse especialmente satisfeitas porque o premio foi parar a unha clienta habitual, non só do seu establecemento, senón de todo o comercio local da Pobra.
Aínda que, por circunstancias persoais, María Dolores non poderá viaxar, será a súa neta coa familia a que disfrute da estancia en París. Dende o concello amosaron a súa satisfación ñolo gran éxito da campaña con 65 mil rascas repartidos entre os 55 comercios participantes.