Miguel Mayán, novo secretario xeral do PSOE de Porto do Son

PORTO DO SON> Miguel Mayán asume as rendas do Partido Socialista en Porto do Son. O candidato foi elixido secretario xeral por unanimidade nunha multitudinaria asemblea celebrada esta fin de semana.

A elección de Miguel Mayán como secretario xeral do PSOE de Porto do Son marca unha nova etapa na dirección local do partido. O candidato sonense que se estrea en primeira liña da política municipal asume o cargo con gran responsabilidade de cara a acadar os mellores resultados nos comicios de maio.

Arrouparon a Mayán na súa proclamación o seu antecesor no cargo, Xoán Pastor Rodríguez, a secretaria de organización, Josefa Hermo e o ex alcalde socialista Ramón Quintáns.

Comments are closed.