O concello de Boiro non se plantexa o traslado do mercadiño polo momento

BOIRO> A pesar da polémica xerada con respecto á ubicación do mercadiño de Boiro, o executivo defende que estivo funcionando con normalidade ata o de agora. Entenden que nas últimas semanas foron outros factores os que motivaron a baixada de postos, principalmente o mal tempo e o aumento de control da Garda Civil para acabar coa venda ilegal e os produtos falsificados. Polo momento o executivo non estuda o seu traslado á zona peonil, tal e como demandan algunhas voces. Entenden que a falla de espazo e a existencia de numerosos comercios nesta rúa provocaría problemas como os que xa se rexistran durante as festa do verán. A este respecto, dende o concello fan un chamamento á ABE e ós seus asociados para que manifesten as súas preferencias co fin de consensuar o mellor emprazamento.