Os socialistas da provincia presentan emendas aos orzamentos do Estado por case 100 millóns de euros

[

Pontevedra> Os socialistas da provincia presentan emendas aos orzamentos do Estado por case cen millóns de euros en inversións para Pontevedra. Regades destacou esta mañá que as inversións do Estado por habitante da provincia son as máis baixas de toda Galicia.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, subliñou hoxe que a inversión do Estado por habitante  é a máis baixa de Galicia ao ser só de 169 euros fronte a media da comunidade autónoma de 345 euros e a nacional que ascende a 217 euros.

Pola súa banda, o deputado Guillermo Meijón subliñou que as emendas están comprendidas en varios grupos no que destacan as infraestruturas ferroviarias con 17 millóns de euros; as infraestruturas viarias con 41 millóns; a seguridade vial con máis de 12 millóns; as actuacións en medio ambiente con máis de sete millóns; a cultura e o patrimonio con 9,7 millóns e un grupo final de varias emendas por valor de 7,3 millóns de euros

Por último, o secretario xeral recordou que o Partido Socialista non vai a apoiar estes orzamentos do Partido Popular por ser antisociais e por non dar resposta as necesidades da nosa provincia.