Arousa Norte colabora coa asociación Alberto Romero no Certame de Curtas

BOIRO> Arousa Norte e a asociación cultural Alberto Romero asinaron un convenio de colaboración para a promoción do certame de curtas que promove a entidade. A Mancomunidade destinará mil douscentos euros para a dotación económica dos premios.

Por cuarto ano consecutivo, a asociación cultural Alberto Romero pon en marcha o seu certame de curtas. Conta coa colaboración da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte que enmarca este convenio na promoción de proxectos culturais como un atractivo máis da súa oferta turística.

Trátase dun concurso audiovisual no que concorren catro categorías: dúas escolaes, de primaria e secundaria, unha libre e unha específica para persoas con diversidade funcional. Nesta cuarta edición presentáronse trinta e catro traballos.

Esta gala, na que se darán a coñecer os premiados, celebrarase o 29 de febreiro no auditorio de Rianxo.