O concello de Boiro convoca axudas para deportistas e clubs por máis de 70 mil euros

BOIRO> O concello de Boiro destina máis de 70 mil euros a subvencións para deportistas federados e entidades deportivas. A convocatoria xa está publicada na web municipal e poden presentarse solicitudes nun prazo de dez días hábiles.

O concello de Boiro vén de publicar a convocatoria de dúas liñas de subvencións: unha para deportistas federados e outra para clubs e entidades. Ascenden a preto de 73 mil euros.

Non son estas as únicas axudas en materia deportiva que impulsa o executivo boirense. Xunto coas as subvencións nominais, escolas deportivas municipais e  actividades de verán, destinan máis de 420 mil euros do orzamento á promoción do deporte.

As bases desta nova convocatoria xa se poden consultar na web do concello. As subvencións a clubs van destinadas a financiar gastos federativos, seguros, salarios así como gastos de xestión, formación pu derivados de desprazamentos para participar en competicións. No que respecta a deportistas, poden solicitalas os de idades comprendidas entre 9 e 23 anos, empadroados en Boiro e con licenza en vigor. Dispoñen de 10 días hábiles para presentar solicitudes.