Los del Río e Azúcar Moreno principais atractivos da ‘Feria’ de Noia

NOIA> A cita festiva, que chega este ano á súa sexta edición, desenvolverase os días 15, 16 e 17 deste mes de xuño na Alameda. Durante tres días, venres 15, sábado 16 e domingo 17 celebrarase a ‘Feria’ de Noia que chega este ano á súa sexta edición. A cita festiva, promovida pola concellería de Promoción Económica en colaboración cun grupo de hostaleiros, a Asociación ‘Noia en Marcha’ contará este ano cun cartel de auténtico luxo coas actuacións estelares de Los del Río, que repiten, e Azúcar Moreno. O formato da ‘Feria’, que volverá a Alameda, varía este ano en relación a edicións anteriores. En vez de casetas individuais optouse por unha carpa con actividades abertas para todos os que desexen asistir. Dende a organización quixeron apartarse tamén das polémicas que dende os seus inicios ten esta cita festiva, considerada por algunas persoas unha festa de fóra, argumentando os aspectos positivos que ten para a economía da vila. Ademais das actuacións musicais previstas para eses días, a organización ten previsto instalar tamén o venres na alameda varias pantallas xigantes para que os que o desexen poidan seguir o encontro do mundial de fútbol de Rusia que enfrontará a España e a Portugal.