OUTES> A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, xunto co alcalde de Outes, Francisco Calo, visitaron esta mañá o peirao do Freixo para avanzar os pormenores da actuación que prevé o asfaltado do firme do vial do porto.
A obra, cun orzamento duns 85 mil euros, integrada nun contrato global de case 4 millóns de euros, podería iniciarse xa esta primavera.
Dende o Concello valoraron moi positivamente esta actuación que viñan demandando dende hai tempo.
Ademais desta obra inmediata, o encontro serviu para avaliar outras necesidades pendentes nas instalacións portuarias.
O alcalde trasladoulle diversas demandas á presidenta de Portos para que o ente autonómico poida estudalas e darlles resposta a medio e curto prazo.











