O Salnés estrea maio con alerta amarela por ventos e chuvias

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/04/mal_tempo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/04/mal_tempo.mp4{/flowplayer} 

 

SALNÉS> Maio non entra con bo pé en Galicia. Os galegos non puideron gozar do bo tempo durante a ponte festiva que nos deixou o Día do Traballo, unha tendencia que se mantivo este luns. Na comunidade conviviron esta xornada catro alertas amarelas, que continuarán mañá nas Rías Baixas e en Barbanza por chuvias.

Ceos encapotados, néboa e chuvia. Este podería ser o resumo que a ponte de maio ven de deixar nas Rías Baixas e no Barbanza.

Hoxe mantívose a mesma tendencia. A borrasca situada no Atlántico enviou unha fronte que provocou a activación de catro alertas na comunidade. Durante todo o día, o litoral galego mantívose en aviso amarelo por vento no mar de compoñente sur de forza 7. Activouse tamén en terra, onde se deixou principalmente pola tarde, acadando ata os 80 quilómetros por hora nalgúns puntos.

As Rías Baixas e O Barbanza continuarán mañá coa alerta amarela por chuvias, que poderían acumular máis de 15 litros por metro cadrado en só unha hora. 

A partires do mércores, melloran as novas. Un anticiclón traerá tempo seco e estable que, aínda que se interromperá o mércores, retornará o venres para quedar a fin de semana. As temperaturas superarán os 20 graos.