Os tráficos portuarios na Pobra medran un trinta por cento

POBRA> O presidente de Portos de Galicia desprazouse ata a Pobra para realizar un balance dos tráficos portuarios no primeiro cuadrimestre do ano. O peirao barbanzán ten rexistrado un incremento dun trinta por cento con respecto ó pasado ano. Os portos galegos experimentaron, neste primeiro cuadrimestre do ano, un incremento do trece por cento dos tráficos comerciais con respecto ó mesmo periodo de 2017. Destaca a importante suba do peirao da Pobra, cun trinta e seis mil toneladas descargadas, que supoñen unha suba do trinta por cento. No que respecta á descargas de peixe fresco, Ribeira segue á cabeza dos peiraos autonómicos con trinta e un mil toneladas neste arranque de ano.