O novo regulamento da Praza de Abastos de Vilagarcía someterase ao pleno do 26 de xullo

VILAGARCIA> O novo regulamento da Praza de Abastos de Vilagarcía someterase a aprobación no pleno municipal do vindeiro xoves día 26. Esta mañá achegámonos ata a praza para coñecer de primeira man como afectará aos praceiros este novo regulamento, e dende logo tamén aos cidadáns.
O novo regulamento da Praza de Abastos de Vilagarcía someterase ao pleno da vindeira semana. A pesar de este trámite dende a Asociación da Praza de Abastos esperan que sexa aprobado, xa que consideran que é necesario para o bo funcionamento do mercado.

Este novo texto adaptarase a realidade actual, xa que o anterior leva décadas sen actualizarse e regulará aspectos tan dispares como o establecemento dun horario comercial extensivo a todos os postos de venda, como a adaptación a todas as normativas que están en vigor.

Un texto que din tanto dende o concello como dende o colectivo de praceiros que foi consensuado segundo as necesidades de estes últimos.

Haberá que esperar ao pleno da semana que ven para coñecer se este novo regulamento estará en vigor “máis pronto que tarde”, aínda que segundo reflexionou López, de pouco vale que se mellore o aspecto e o entorno da Praza de Abastos, se despois non se coida o seu funciomento para ofrecer un mellor servizo, adaptado a uns tempos nos que o consumidor cada vez demanda máis calidade e mellores servizos.