Ribeira, sede do Campus de baloncesto ‘Tiro Libre’

RIBEIRA>  A actividade desenvolverase do 29 de xullo ó 5 de agosto. Ribeira ofertará este verán un campus de baloncesto. A iniciativa, organizada pola tenda Tiro Libre, desenvolverase do 29 de xullo ó 5 de agosto. Está dirixida a nenos e nenas dos oito ós 18 anos en el participarán deportistas do máis alto nivel. Coa iniciativa colabora o propio concello ribeirense que ve neste campus unha boa posibilidade de ir enriquecendo o tecido deportivo no municipio. A actividade está a levantar un enorme interese. Á falla de varios días para o peche das inscricións xa hai anotados máis de setenta rapaces. Para máis información os interesados en coñecer máis detalles desta iniciativa poden consultar a web www.campustirolibrescq.com.