Autocross O Castro celebra este sábado a súa XX edición

RIANXO> Chega a Rianxo a edición número vinte da proba Autocross O Castro, que se celebrará o vindeiro vinteún de xullo no circuito autocross de Taragoña. A ‘Escudería Rally Actividad’ é a encargada da organización e realización desta pobra, que conta coa colaboración de empresas privadas e tamén co patrocinio do Concello de Rianxo. A inscrición nas carreiras xa está pechada, cun total de sesenta e seis pilotos divididos en catro modalidades diferentes. Unha proba xa consolidada a que acuden corredores de todo o ámbito nacional. Tanto o executivo como a organización quixeron agradecer a axuda que prestou a Comunidade de Montes de Paradela coa cesión de terreos. Dende a ‘Escudería Rally Actividad’ fan un chamamento para que o vindeiro sábado vinteún, todo o que queira se achegue ata o circuito de autocross de Taragoña para desfrutar dun espectacular día de carreiras.