Costas iniciará a rexeneración das Xunqueiras en xullo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/23/visita_eimil_pobra_2306151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/23/visita_eimil_pobra_230615.mp4{/flowplayer} POBRA> O xefe da Demarcación de Costas en Galicia visitou o concello da Pobra para anunciar o inminente comezo das obras de rexeneración das Xunqueiras. Esta actuación, que se veu demorada por asuntos xurídicos, iniciarase en quince días e estará rematada nun prazo máximo de doce meses. O Ministerio de Medio Ambiente iniciará durante o mes de xullo as obras de rexeneración das marismas das Xunqueiras. Así llo transmitiu o xefe da Demarcación de Costas do estado en Galicia, Rafael Eimil, ó alcalde da Pobra na súa primeira xuntanza trala toma de posesión de Xosé Lois Piñeiro. Unha vez concluída esta primeira fase, nun prazo aproximado entre oito e dez meses dependendo da climatoloxía, abordarase a continuidade do proxecto. Dende o concello xa estudan unha segunda fase que incluiría a recuperación das antigas naves industriais para darlle un novo uso, acordo co recuperado entorno. Neste sentido, o xefe de Costas amosou a vontade do Ministerio de colaboraron en futuras intervencións para seguir a recuperar medioambientalmente unha das zonas de maior valor ecolóxico da comarca.