Dúas sendas peonís unirán Fontenla con Samieira

Pontevedra> Entre as obras presupostadas para o vindeiro ano atópanse as vías peonís na estrada PO-308 ó seu paso polo concello de Poio, que enlazarán Fontenla con Samieira, pasando por Combarro. Así o anunciaba esta mañá a conselleira de infraestruturas na presentación do Plan Sendas para Pontevedra, no que tamén se incluirá unha pasarela para peóns en Alba, no treito polo que transcorre o Camiño Portugués.

A PO-308 ó seu paso por Poio contará con tres pasarelas, un aparcamento e melloras nos cruces e paradas de autobús coma obras previstas dentro dun plan que pretende incrementar a seguridade viaria.

En total, investiranse 800.000 euros para a construción de 4 quilómetros de sendas peonís.

A senda entre Fontenla e Combarro dará servizo, entre outros, ó IES de Poio, o colexio público Isidora Riestra, a praia de Padrón e a infraestrutura deportiva da Seca.

O tramo entre Combarro e  Samieira  afecta á vila dos hórreos, o CEIP Chancelas, o cemiterio, e as praias de Chancelas, Ouriceira e Covelo. As obras executaranse ó longo do 2019 e prevese que se finalicen no 2020.

Tamén dentro do Plan Sendas para Pontevedra, se inclúe a intervención na estrada de Alba. Esta obra daría resposta  á demanda recorrente de seguridade viaria nun treito que empregan cada vez máis peregrinos que seguen o Camiño Portugués.

Este proxecto é complementario á programada Variante de Alba.