A contrato coa Praza de Touros seguirá en pé pese a moción do Gupo En Marea

Pontevedra> O pleno da corporación non aprobou a moción que en Marea levou nesta xornada co fin de que o concello deixe de subvencionar con 40 mil euros ao ano a Praza de Touros. Dende o Goberno dixeron que se trata dun contrato privado co fin de poder utilizar estas inmediacións na Feira Franca. Pese ao apoio ao orzamento do concello de Pontevedra, o grupo Marea pide agora a través dunha moción no pleno, que o Goberno Local non asine o contrato de 40 mil euros ao ano coa Praza de Touros. Dende as filas socialistas apoiaron esta moción pero sorpréndelles que Marea sala agora con esta demanda despois de apoiar o orzamento municipal onde xa se vía reflexado este contrato. Os populares teñen claro que non apoiarán ningunha moción que afecte ás festas da Peregrina. E dende o Goberno quixeron incidir en que se trata dun contrato privado para o uso destas instalacións na Feira Franca. E lembraron que o BNG é o único partido a nivel nacional que se postula en contra das touradas. Finalmente cos votos en contra do PP e o Goberno Local esta moción de Marea non saíu adiante.