O informe “Cadea Forestal” retrata un sector con boa saúde

Pontevedra> A Casa das Campás acolleu esta mañá a presentación do informe “A cadea forestal, madeira de Galicia 2017”. O documento, elaborado pola Axencia da Industria Forestal en colaboración coa Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo, pretende facer unha radiografía de todo o sector.

O sector forestal en Galicia goza de boa saúde. Así o reflicte o informe “A cadea forestal, madeira de Galicia 2017”, que retrata a configuración do tecido empresarial relacionado co monte na comunidade autónoma.

O director de XERA lembrou a importancia do sector para o rural debido á súa distribución xeográfica.

Tamén indicou, que aínda que somos potencia a nivel europeo, queda marxe de crecemento.

Na presentación tamén se falou dos cinco camiños que o sector ten que percorrer para acadar este obxectivo.

A colaboración entre a industria e os centros formativos e investigadores, que deu como froito o informe presentado, amósase como a ferramenta necesaria para o progreso do sector forestal.