O Concello inicia unha ofensiva municipal para impedir a cesión dun local á Fundación Red Madre

PONTEVEDRA> A concelleira de Igualdade anunciou esta mañá que porá en marcha unha ofensiva municipal contra á cesión dun local público á Fundación Red Madre. Esta asociación foi unha das 28 elixidas pola Xunta de Galicia para ocupar un dos espazos do novo edificio administrativo situado en Benito Corbal. Unha decisión que sorprendeu ao goberno local.

A Xunta de Galicia entregou xa as chaves aos colectivos que ocuparán os locais do edificio administrativo situado en Benito Corbal. En total, 28 entidades de Pontevedra entre as que se atopa a Asociación Española Contra o Cancro, a Cruz Vermella ou a Red Madre. A cesión a esta última Fundación parece que non foi moi ben recibida polo goberno local que xa anunciou que porá en marcha unha ofensiva municipal para impedilo.

A concelleira de Igualdade insistiu tamén na relación que hai entre esta Fundación e o Partido Popular.

Paloma Castro asegurou que dende o PSOE farán todo o posible para a impedir que a Xunta de Galicia ceda un local a unha entidade antiabortista que, segundo ela , atenta contra os principios constitucionais de liberdade e igualdade.