Do 7 ao 9 de decembro VII Torneo Internacional de Balonmán

CAMBADOS> O VII Torneo Internacional de Balonmán Galicia – O Salnés, volta a comarca unha edición máis para gusto de todos os seguidores de este deporte. O torneo xogarase do 7 ao 9 de decembro.

O Grove, Cambados, Meaño, Sanxenxo e Vilanova de Arousa organizan un torneo internacional de balonmán, onde competirán equipos holandeses, portugueses e mesmo un equipo arxelino, entre os diferentes españois. As categorías dos equipos son xuvenil, cadete e infantil.

Máis de 400 xogadores, nas categorías xuvenil, cadete e infantil encheran as rúas do Salnés durante esta ponte. A aproximación que fan dende a Mancomunidade de O Salnés é de que este torneo terá un impacto preto a 2.000 persoas.

Dende a Federación Galega de Balonmán esperan unha importante participación tanto na pista coma nas gradas, debido a promoción realizada do mesmo nas redes sociais.