CAMBADOS> A campaña da vieira comeza o vindeiro luns e dende o sector esperan extraer unhas tres toneladas diarias. Dende o Intecmar apuntan que o marisco está en bo estado para a súa extracción e dende a confraría xa comezan a abordar os detalles do plan a seguir nas vindeiras semanas.
A semana que ven comeza a campaña da vieira, unhas semanas antes que o ano pasado, despois de que se decidise atrasar a extracción ata o mes de xaneiro por mor do tamaño do marisco.
A pasada semana fíxose un análise para controlar, nas diferentes zonas da ría, cal é a situación nas diferentes zonas onde se produce o molusco. O Intecmar da luz verde a recollida das vieiras en Arousa, por iso os pescadores poderán saír a partir do vindeiro 10 decembro, e que este molusco poida estar nas mesas durante as festas de Nadal.
Nunha reunión que se celebrou este mércores entre confraría e armadores tratáronse temas coma o tope de capturas por profesional e día, as zonas de extracción ou o prezo que se pagará polo prezado molusco.
A pesar diso esperan que se poidan recoller unhas tres toneladas ao día do molusco, xa que esa é a cantidade media de marisco que se pode eviscerar na pranta que a confraría ten en Tragove.
Agora haberá que esperar a ver como avanza a campaña, aínda así, a pesar de que son cautos dende o sector, sinalan que as expectativas son moderadas pero positivas debido a que o ano pasado por estas datas o marisco era máis pequeno que o do ano pasado.
Inicio SALNÉS