Un home intenta matar a tiros a súa exparella no Grove

O GROVE> Lamentable suceso o ocorrido este mediodía no Grove. Un home intentou presuntamente acabar coa vida da súa ex parella a tiros. Todo ocorría no entorno das 13:00 do mediodía no portal 179 da rúa Castelao, cando a muller se asomou a ventá pedindo auxilio.
O remate da mañá complicouse no Grove. Neste portal da rúa Castelo un home intentou matar a súa exparella a tiros. Os veciños e coñecidos da xa exparella, non daban crédito do que estaba acontecendo.

Diferentes testemuñas aseguraron que a propia vítima pediu auxilio pola ventá do piso no que ambos se atopaban no momento do ataque. A partir de esa petición de auxilio despregouse un importante dispositivo policial que sacou a muller da vivenda a través da ventá, debido as continuas ameazas do agresor. A muller recibiu un disparo na mandíbula, e tamén está ferida no pescozo e na cabeza, pero a súa vida está fora de perigo tal e como asegurou o alcalde da vila.

O home encerrouse nunha das habitacións da vivenda e escoitáronse dous disparos máis, saliu da vivenda malferido pero con vida e foi trasladado a Montecelo.

Ambos son naturais de Ourense a pesar de que dende hai anos vivían no Grove, pero tan só a muller residía na actualidade na vila meca, porque o presunto agresor viviría dende hai un tempo a súa cidade de orixe. Sinalar que o varón ten antecedentes por violencia de xénero, xa que a muller o denunciou o pasado mes de agosto, e dende ese momento él ten unha orde de afastamento.