Deteñen a dez veciños de O Salnés acusados de máis de cincuenta roubos

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/04/detidos_roubos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/04/detidos_roubos.mp4{/flowplayer} 

     

    O SALNÉS> Deteñen a dez veciños de O Salnés acusados de roubar en casas e empresas da comarca. Segundo a investigación da Garda Civil, o grupo levaba catro anos actuando, e impútanlles máis de medio centenar de roubos.

    Uvas, porcos, unha formigoneira ou electrodomésticos son algúns dos obxectos que formaban o botín da banda recuperado onte pola Garda Civil. As investigacións apuntan a que levaban catro anos actuando na zona do Salnés, con obxectivos tan dispares como casas vacacionais de O Terrón, a estación experimental de viticultura de Leiro, xacementos arqueolóxicos, campos de fútbol ou granxas. De feito, atribúenlles máis de medio centenar de roubos.

    Os dez detidos teñen entre 23 e 35 anos, son veciños de Ribadumia, Vilanova, Sanxenxo e Cambados, e a todos se lles imputa un delito de roubo e furto. Dous deles tamén están acusados doutro de tráfico de drogas.

    A Garda Civil da por esclarecido o caso, en mans do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados.