O torneo Memorial Daniel Angustia 2018 xogarase en Ribadumia

RIBADUMIA> O campo municipal de A Senra, en Ribadumia, acolleu a presentación do Torneo Indoor AF7. O campionato nas categorías biberón e prebenjamín en pista cuberta, que precede ao Arousa Fútbol 7, disputarase finalmente na instalación ribadumiense da Senra os vindeiros 29 e 30 de decembro, coa participación de 41 equipos.

O campionato Indoor AF7, nas categorías biberón e prebenjamín será en Ribadumia os vindeiros días 29 e 30 do mes de decembro. Unha excelente noticia para este concello que se define como promotor do deporte base, tal e como afirmou o seu alcalde, David Castro.

Un total de 41 equipos participarán nesta proba que se celebrará no pavillón da Senra. Este primeiro paso podería supoñer o desembarco do Torneo Internacional no municipio de Ribadumia. O organizador do evento recoñece que sería unha posibilidade, aínda que non a única, xa que Diz sinala estar mantendo contacto con catro concellos, todos do Salnés.

En cantos as recentes declaracións de Ramiro Carregal, presidente de honor da celebración deportiva, nas que era taxativo ao confirmar que si Vilagarcía non acollía o torneo, el retiraría o seu apoio económico ao evento, isto foi o que sinalaron dende a organización.

A pesar de esta situación con Carregal, e das manifestacións públicas que se fixeron dende Ravella, Alberto Diz, reitera que na capital de Arousa non se dan as condicións mínimas para a realización do mesmo.