O concello da Pobra recorta a débeda á metade en 2025 sen subir os impostos

A POBRA> Acompañado polo concelleiro de Facenda, Eloy Sobrido, o alcalde, Xosé Carlos Vidal presentaba os datos correspondentes á Conta Xeral de 2025, uns números que, segundo eles pechan o exercicio con superávit e cunha notable redución dos niveis endebedamento.

Segundo explicou o propio rexedor a débeda viva pasou de preto dos 3’4 millóns de euros en 2024 a pouco máis 1’6 millóns neste 2026, sen pedir ademais ningún préstamo novo e cun remanente de tesourería superior aos 537 mil euros.

Dende o goberno pobrense destacan tamén que este saneamento das contas municipais se logrou ademais mantendo unha presión fiscal baixa, de 401 euros por habitante, o que supón 75 euros menos ca a media galega.

Unha liña esta de baixa presión fiscal para os veciños que o alcalde se compromete a manter para o que resta do mandato, conxelando as taxas municipais.