As modificacións no proxecto de obra do Aquapark marcan o ritmo dos acontecementos

MEIS> O Aquapark de Meis será unha realidade, polo que parece, máis pronto que tarde. Dende o concello sinalan que a licenza de obra adxudicarase en canto se presente o proxecto de construción. Jose Luís Pérez, admite que as edificacións deben adaptarse ao medio no que se van a construír.
O proxecto para a construción do Aquapark de Meis deberá ser modificado para adaptarse ao medio no que se vai a situar, e por ende as especificacións marcadas dende o concello.
As modificacións teñen que ver coa edificabilidade de diferentes edificios da instalación.
O concello seguirá recollendo currículos de aqueles que se queiran postular aos 80 postos de traballo que vai a xerar este parque acuático.
O período de exposición pública do proxecto de urbanización do entorno, rematou con poucas alegacións, segundo o alcalde, os cidadáns de Meis entenden que este é un investimento importante para o municipio. Dende o concello de Meis esperan que este verán poda estar funcionando,xa que nun principio se contempla que abra tan só durante a época estival, aínda que iso podería sufrir variacións segundo diferentes aspectos.