Cambados informará sobre as bonificacións fiscais o 17 de xaneiro

CAMBADOS> O concello de Cambados está a organizar unhas charlas sobre as bonificacións fiscais as que se poden acoller os veciños do municipio. Os que queiran asistir, tan só se terán que desprazar ata Exposalnés o vindeiro 17 de xaneiro ás 20h.
Informar aos veciños e conseguir que o maior número deles se beneficien das bonificacións fiscais das que gozan na vila é o obxectivo do equipo de goberno e da Deputación de Pontevedra, coa organización dunha charla o vindeiro 17 de xaneiro, ás 20h en Exposalnés, nas que participaran expertos na materia para orientar aos presentes.
Na presentación ante os medios de este evento, recordouse aos presentes que os cambadeses teñen unha vintena de exencións de carácter municipal, aprobadas polo actual equipo de goberno no 2017.
Os membros do executiva sinalan que estas medidas tanto informativas como en forma de bonificacións intentan buscar a obxectividade e igualdade social e a promoción autonómica.