A Policía Nacional investiga un acoitelamento na lonxa vella de Ribeira

RIBEIRA> Dámoslle conta dun suceso acontecido na lonxa vella de Ribeira. Unha muller resultou ferida por arma branca no transcurso dun pelexa. A vítima, de trinta e seis anos e nacionalidade uruguais, tivo que ser evacuada ó hospital do Barbanza.

Tras recibir o aviso, o 112 mobilizou unha ambulancia que trasladou á vítima o centro comarcal onde foi atendida das lesións que presentaba nun costado. O seu estado non revestía gravidade.

Descoñécense as circunstancias que rodearon o suceso que está a ser investigado pola policía Nacional. Polo momento, a vítima decidiu non presentar denuncia contra a presunta agresora.