José Ramón Meiriño é o novo presidente do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas

PONTEVEDRA > Dende esta mañá, hai novo presidente no Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Trátase de José Ramón Meiriño, funcionario de carreira adscrito ó servizo de Calidade e Industrias Agroalimetarias na delegación da Consellería do Medio Rural en Pontevedra. 

Meiriño contou co respaldo de 17 votos a favor dos 22 posibles, os restante, catro abstencións e un votante ausente. Meiriño releva no seu cargo a Marisol Bueno logo de 20 anos na presidencia. O Vicepresidente é o adegueiro Gerardo Méndez.

José Ramón Meiriño, é dende esta mañá o novo presidente do Consello Regulador da denominación de orixe Rías Baixas. Meiriño, recibiu 17 votos a favor dos 22 posibles, e ningún en contra xa que houbo 4 abstencións e un votante ausente. Meiriño é funcionario adscrito ó servizo de Calidade e Industrias Agroalimentarias da delegación da Consellería do Medio Rural en Pontevedra. Ademais do seu marcado perfil técnico, o novo presidente ocupou unha das vogacías do consello nomeadas pola propia consellería durante dez anos e presidiu o consello de cata da denominación.

Retos

Entre as súas ideas máis inmediatas, buscar posicións de consenso entre os diferentes membros do pleno do consello para aunar esforzos. E tamén potenciar a presencia da Denominación de Orixe no mercado nacional e internacional, e tivo un recoñecemento para Marisol Bueno, ex presidenta do consello.

Polo de agora, Meiriño agarda poder compatibilizar o seu traballo na consellería con este novo cargo co que se convérte no segundo presidente na historia do Consello logo de 20 de andadura. Como vicepresidente foi elixido, Gerardo Méndez, vogal no consello e xerente da adega Albariño do Ferreiro.

Redacción Salnés