RIBEIRA> O concello de Ribeira rescindiu os contratos coas empresas responsables do apeadoiro de autobuses e a biblioteca municipal. O alcalde anunciou ademais que se imporá sancións económicas ás dúas firmas pola demora inxustificada das obras.
A parálise das obras da futura biblioteca e a do apeadoiro da estación de autobuses levou ó concello de Ribeira rescindir estes dous contratos. O primeiro foi adxudicado hai case un ano e pese a que a empresa chegou a asinar a acta de replanteo nunca comezou a obra. Malia os reiterados requirimentos e a apertura dun expediente de penalización iniciado no mes de decembro, a empresa non presentou alegacións polo que o concello acordou resolver o contrato e sacar novamente o proxecto a concurso público.
No que respecta ó apeadoiro da estación de autobuses, as obras comezaban en 2021 pero a día de hoxe permanecen paralizadas. Tras rescindir o contrato, a brigada de obras comezará a traballar na instalación para poder abrila ó público canto antes.
Ademais da rescisión dos contratos, o goberno acordou impoñer unha sanción ás dúas empresas que en conxunto ascende ós 55 mil euros. Tamén están a estudar posibles vías legais para solicitar unha indemnización en concepto dos danos e prexuízos derivados da demora inxustificada das dúas actuacións.