NOIA> Noia viviu a xornada máis tradicional das súas festas de San Marcos coa feira cabalar. Multitude de persoas achegáronse ata San Lázaro para disfrutar dos concursos morfolóxicos e exhibicións de doma que se desenvolveron durante toda a mañá. Repartiranse máis de catro mil euros en premios.
Aínda que o festivo local trasladouse para mañá venres, a localidade noiesa converteuse nesta xornada nun auténtico fervedoiro de xente que se desprazou ata San Lázaro para participar na Feira Cabalar.
A destreza dos xinetes e a beleza dos 80 exemplares inscritos ofreceron un fermoso espectáculo que non deixou indiferente a ninguén.
Ademais de disfrutar da tradición ecuestre, veciños e visitantes tiveron ocasión de coñecer as últimas novidades en maquinaria agrícola nunha feira que este ano cambiou de emprazamento por mor da celebración do mercado ambulante.
Tralo parón a mediodía para repoñer forzas nos postos situados no malecón de San Lázaro, os máis festeiros decidiron continuar a xornada participando nas actividades programadas para os máis pequenos, como a xincana cabalar ou a exhibición de cabalos de tiro que tiveron lugar pola tarde.











