Sen avances para un novo CIRA en Cortegada

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/visita_demolicion_acuario.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/visita_demolicion_acuario.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> Os traballos de demolición do Acuario de Vilagarcía avanzan a bo ritmo. Esta mañá o alcalde comprobou sobre o terreo que se están a cumprir os prazos, o que permitirá que en quince días non haxa obstáculos visuais na praia de Compostela. Sobre a posible construción dun futuro Centro de Interpretación da Ría de Arousa en Cortegada, Alberto Varela asegurou que non hai nada definido.

A demolición do acuario da praia de Compostela avanza segundo o previsto. Alberto Varela visitou esta mañá os traballos, satisfeito de que Vilagarcía poida eliminar esta barreira.

Dos traballos estase a encargar Costas, que tamén asume os seus custos.

Rematados os traballos, o lugar do acuario quedará baleiro. Sobre a posibilidade de construír un novo Centro de Interpretación da Ría de Arousa en Cortegada, Varela apuntou que non existe un proxecto definido.

Iso si, o alcalde insistiu en que antes de construír unhas novas instalacións habería que valorar se se poderían dotar de elementos atractivos para atraer aos visitantes.