‘Contrastes’ reúne a cinco mulleres empoderadas ás portas do 8M

Hoxe ás 22:15 h en Canal Rías Baixas

CANAL RÍAS BAIXAS> ‘Contrastes’ pon este mércores o foco no 8M e na convocatoria de folga de mulleres deste vindeiro venres. O programa reúne a cinco mulleres empoderadas, procedentes do ámbito público e privado, para que poñan en común a súa experiencia no proceso de conquista do poder.

No faladoiro feminista tamén se abordará, entre outros asuntos, a situación da muller no mercado laboral ou o traballo que se está a facer dende diferentes ámbitos para rachar cos teitos de cristal.

A mesa de debate estará composta por Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Estíbaliz Palma, primeira muller comisaria da Policía Nacional en Pontevedra, Dolores Calvo, Presidenta da Cooperativa Condes de Albarei, Paz Filgueira, xuíza, e Carme Adán, pensadora e exdeputada no Parlamento de Galicia.

Entrevista a Silva
Ademais da súa participación no faladoiro de mulleres, a presidenta da Deputación de Pontevedra aproveitará a súa visita ao ‘Contrastes’ para conceder a súa primeira entrevista neste 2019 a Canal Rías Baixas.

Na conta atrás para o remate do mandato, Carmela Silva conversará con Dani García sobre algúns asuntos que marcaron a actividade política no organismo provincial. Tamén será preguntada polo seu futuro político ou pola campaña das Xerais, entre outras moitas cuestións de actualidade.

Comments are closed.