SANXENXO> Sanxenxo acollerá a gala na que se entregarán os premios Xove Empresario organizada pola AJE. O prazo de inscrición para optar ós galardóns comeza hoxe. Os gañadores recibirán 1500 euros en premios e 8 mil en becas.
Sanxenxo é o concello elixido por AJE Pontevedra para celebrar a gala Xoven Empresario. Nela entregarase o premio AJE Galicia. A importancia do turismo e o exemplo de diversificación da economía foron os motivos polos que se escolleu esta vila. O certame dividirase en dúas categorías e haberá varios premios.
Este proxecto lévase a cabo gracias ó apoio de dúas entidades como ABANCA e Deloitte que amosan a súa aposta polos novos empresarios.
Todas as partes mostráronse contentas polos acordos acadados para que esta gala se celebre en Sanxenxo. O alcalde da vila quixo agradecer a confianza depositada e recalcou a importancia de dar ós empresario os medios para xerar emprego.
Hoxe abren as candidaturas e pecharán o día 31. A gala terá lugar o 4 de abril no Real Club Náutico de Sanxenxo. Os gañadores de cada categoría recibirán uns premios de 1500 euros máis un cheque formativo, valorado en 8 mil, na escola de negocios IESIDE.
Comments are closed.