BARBANZA> A deputada Rosana Pérez, compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañada dos voceiros da formación en toda a comarca para denunciar as graves deficiencias detectadas no servizo transporte.
Dende o BNG aseguran que, lonxe de solucionar os problemas históricos de mobilidade, o cambio empeorou a situación. Así critican que o aumento de liñas directas a Santiago fíxose a costa de suprimir paradas intermedias.
Para tratar de dar solución a todos estes problemas, os nacionalistas presentaron unha iniciativa urxente no Parlamento coa que buscan recuperar os servizos suprimidos.
Nesa iniciativa tamén inclúen a solicitude de mellorar a accesibilidade na Ponte de Té, chamada a ser o novo punto de transbordos da comarca.
Por último o BNG levará tamén na proposta unha vella reivindicación nos concellos de Barbanza-Arousa como é a de habilitar unha liña que conecte a comarca coa estación de tren de Catoira.











