PONTEVEDRA> Concentración en Pontevedra das traballadoras das escolas infantís reclamando á Xunta a súa integración plena na Consellería de Educación. Coincidindo co Día Universal da Infancia, reivindicaron que esta etapa non pode concibirse unicamente como un servizo asistencial ou de conciliación, senón como un servizo educativo fundamental. Na protesta tamén participaron representantes de Fronte Ampla.
Baixo o lema ‘0 a 3 tamén é educación’ as traballadoras das escolas infantís concentráronse en Pontevedra reclamando unha redución das ratios, melloras nas condicións laborais e a incorporación de persoal de apoio. Tamén esixen á Xunta a súa integración plena na Consellería de Educación.
Entenden que esta etapa non pode seguir concibíndose unicamente como un servizo asistencial ou de con conciliación.
Apoiando as súas reivindicacións, representantes e candidatos da Fronte Ampla.
A concentración tivo lugar coincidindo co Día Universal da Infancia.











