Talento de proximidade e moita troula no ‘Especial Noiteboa’ de Canal Rías Baixas

CANAL RÍAS BAIXAS> Canal Rías Baixas preparou para esta Noiteboa unha programación especial. A cadea emitirá a partir das 22.15 horas o ‘Especial Noiteboa’, un programa conducido por Dani García e Matilde Vázquez, que este ano escolleu como localización O Mercado de Abastos de Pontevedra.

O espazo inclúe actuacións musicais e reportaxes coas actividades de Nadal dos concellos da contorna como protagonistas. A nota musical virá da man de Javier Lago, As Lembranzas, Ana Angueira e Giulia Bianco. Ademais, o cantante e presentador caldense Diego Méndez visitará o programa para dar conta dos seus novos proxectos profesionais.

O ‘Especial Noiteboa’ emitirase por Canal Rías Baixas, pero tamén se poderá seguir a través do Facebook e YouTube da televisión. A través das redes socias, poderanse enviar comentarios ou felicitacións de Nadal co cancelo #NoiteboaCRB.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí