PONTEVEDRA> O Rastro Solidario da Asociación Española contra o Cancro xa está en marcha en Pontevedra. A iniciativa tampouco falta este ano á súa cita co Nadal pontevedrés e hoxe abriu as súas portas nun local cedido no número 3 da rúa Castelao. Oitenta voluntarios fan posible o funcionamento deste mercado tan importante para a asociación. O ano pasado recadaron máis de 22.000 euros, que se destinaron ao financiamento dos servizos que prestan durante todo o ano aos enfermos de cancro e ás súas familias.
A pouco máis dun mes do Nadal, en Pontevedra ponse en marcha unha das iniciativas máis tradicionais desta época. Esta mañá abriu as súas portas o Rastro Solidario da Asociación Española contra o Cancro.
Este local está no número 3 da rúa Castelao. Aquí poderán atopar os seus agasallos, coa motivación de que o que gasten se destinará á financiar os servizos que a asociación presta a enfermos e familiares de toda a provincia de Pontevedra. Tamén á investigación, á que destinan un 18% dos seus fondos.
O ano pasado a trixésimo segunda edición do Rastro Solidario pechou as súas portas despois de recadar máis de 22.000 euros. Unha cifra que este ano as voluntarias veñen con ganas de superar.
Chelo é unha das 80 voluntarias que traballarán este ano para que o rastro poida permanecer aberto.
Hoxe foi a apertura oficial de portas. Ata o establecemento se achegaron algúns representantes políticos da cidade.
O Rastro Solidario da Asociación Española contra o Cancro abre de luns a sábado con quendas de mañá e de tarde. Ademais de mercar os seus agasallos, na tenda da rúa Castelao poden entregar tamén as súas doazóns, para que os obxectos que xa non usan poidan ter unha segunda vida solidaria.











