A xuventude de XAS mobilízase en Vilagarcía contra o cambio climático

VILAGARCÍA> A Asociación Xuventude Activa en Sinerxía está a organizar en Vilagarcía a I asemblea pola emerxencia climática. O obxectivo da organización é comprometer ao maior número de concellos posibles na loita contra o cambio climático. A xuventude presentará unha moción o día 26 de setembro no concello de Vilagarcía para que se declare a emerxencia climática.

A xuventude de Vilagarcía mobilizase contra o cambio climático. A Asociación Xuventude Activa en Sinerxia, que xa fixo campaña para que o porto de Vilagarcía deixase atracar ao Raibow Warrior de Greenpeace, convoca agora na vila a I asemblea comarcal pola emerxencia climática. O obxectivo é a fundación de Fridays for Future O Salnés e levar aos concellos unha declaración de emerxencia climática.

A asociación busca que os concellos se impliquen na loita contra o cambio climático.

O primeiro concello no que actuarán será en Vilagarcía. O vindeiro día 26 levarán ao pleno unha moción para que o concello declare a emerxencia climática.

A asociación leva máis de 6 anos realizando diferentes actividades a favor do medio ambiente, e polo de agora ningún concello lles mostrou o seu apoio. Aseguran que seguirán mobilizándose para loitar contra o cambio climático.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí