Cambados, co colectivo LGTBI e contra o bullying

CAMBADOS> Cambados visibiliza o seu rexeitamento ao Bullying e o seu compromiso co colectivo LGTBI. Hoxe a vila estrea dous novos bancos reivindicativos, co obxectivo de trasladar á rúa estas dúas causas.

Un brinde á amizade e outro á diversidade. Cambados estrea dous bancos ateigados de simbolismo. O da amizade busca visibiliza-lo problema do acoso escolar.

O outro banco enche de cor a praza na praza de Ramón Cabanillas. Serve para dar visibilidade ó colectivo LGTBI.

As primeiras en estrea-los novos bancos foron a alcaldesa de Cambados e Sara, unha muller trans da localidade, vítima de ataques e vexacións.  Ela, por certo, continúa coa súa causa. Logo de ser arroupada pola sociedade cambadesa nunha multitudinaria concentración, agora traballa na posta en marcha da súa asociación. Entre os seus primeiros obxectivos, conseguir que os insultos homófobos sexan considerados delito de odio.

Entre elas, outra recollida de sinaturas para que a Seguridade Social cubra o 100% dos gastos de hormación e das operacións de cambio de sexo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí