Unha brigada do exército adéstrase no Grove para unha misión na Antártida

O GROVE> Unha brigada do exército adéstrase no Grove para prepara a campaña antártica. A dotación está formada por trece membros que estarán na península meca exercitándose durante unha semana. A misión á Antártida comezará en decembro e durará catro meses.

As praias do Grove están servindo como base de preparación para unha brigada do exército que afrontará unha misión á Illa da Decepción, na Antártida. O motivo polo cal o exército escolleu esta zona e a similitude entre o mar da vila do Salnés e a illa do polo sur.

Os trece membros da tripulación están especializados en diferentes campos. Por iso dedican tamén os adestramentos no Grove para adquirir coñecementos en diversas actividades e poder facer fronte a calquera situación.

Dos trece membros só dous repiten da expedición anterior, que serán os encargados de reactivar a base da Illa da Decepción. Irán acompañados por 17 científicos. A labor da dotación e asegurar a súa seguridade así como o correcto funcionamento das instalacións.

A dotación partirá en decembro e permanecerá na Antártida durante catro meses. O adestramento é necesario para que a tripulación faga fronte ás baixas temperaturas así como a calquera problema que poida xurdir, xa que a poboación máis próxima estará a mil quilómetros. Dende o equipo aseguran que a pesar de todo o traballo que teñen por diante gozarán vendo o continente antártico e a súa variedade de especies, como pingüíns, leóns mariños ou focas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí