Ahituvi respalda un parón da hostalería para reclamar rebaixas na luz e nos combustibles

VILAGARCIA> Parte da hostalería pechas os seus negocios como protesta pola suba dos prezos da luz e os combustibles. A folga opcional programada pola plataforma Hostalería Galega foi secundada por organizacións como Ahituvi, aínda que moitos negocios optaron por non parar. Dende a asociación consideran que a única forma de acadar unha solución é facendo unha folga xeral.

O sector hostaleiro únese a outros sectores para protestar contra a subidas dos combustibles e da luz. Dende a plataforma Hostalería Galega convocaron un peche dos locais como forma de protesta. Un acto que secundaron dende a agrupación de hostaleiros de Vilagarcía.

Dende Ahituvi sinalan que estas subidas, especialmente a da luz, afecta de forma considerable aos seus negocios, e o igual que durante a pandemia, de novo o seu sector recibe un forte golpe.

Dende a agrupación tamén sinalan que se non se fai un paro xeral, todos os negocios rematarán pechando, xa que a caída dun sector provocará unha cadea de ceses de actividade.

O peche era opcional, e gran parte dos negocios continuaron abertos, non só en Vilagarcía, se non tamén en outras vilas como Caldas, Cambados ou Vilanova. Os locais que decidiron continuar traballando advertiron que non estaban a favor dunha parada opcional, considerando que a única solución para conseguir que se lles escoite é unha folga xeral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí