Alegría e tristeza no inicio do novo curso escolar

VILAGARCIA> As vacacións chegan ao seu final e os máis pequenos e pequenas volven á escola. O novo curso deu inicio para ao alumnado de infantil e primaria. Alegría para algúns, tristeza para outros e en xeral tranquilidade entre os pais e nais.

Nin choros, nin tristeza, nin queixas… A pesar da fin do verán, os nenos e nenas volven ao colexio con alegría. As vacacións chegaron ao seu final e hoxe deu comezo o novo curso escolar para o alumnado de infantil e primaria. Pero a ledicia do reencontro cos compañeiros contrasta cos nervios dos días anteriores.

Quen afrontou a xornada con máis alegría foron os pais e nais. A volta ao cole supón máis tranquilidade para os proxenitores.

Unha vez iniciado o curso, o que máis preocupa aos pais e nais é a forma coa que os máis pequenos afronten as clases.

O profesorado dedica a xornada de hoxe á adaptación, para que os máis pequenos e pequenas síntanse a gusto, fagan amigos e se preparen para afrontar o ano académico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí