Merchi Álvarez pide axuda para costear o único tratamento contra a Ame que a pode axudar en Corea do Sur

CAMBADOS> Un tratamento médico en Corea pode salvar a vida de Merchi Álvarez. A cambadesa afectada de Ame dende hai 6 anos pode frear o avance da enfermidade cos avances coreanos. Para elo necesita recadar 80 mil euros para facer fronte aos custos do tratamento.

En metade dunha pandemia mundial, apareceu unha luz de esperanza para Merchi Álvarez. A cambades afectada de Ame, fundadora de GaliciAme, que leva 6 anos loitando contra enfermidade, atopou un tratamento en Corea do Sur.

A loita da cambadesa permitiu recadar fondos para investigar a enfermidade e descubrir novos tratamentos, que aínda que non a puideron axudar, si melloraron a saúde doutros enfermos. Agora a que necesita a colaboración é ela. O tratamento en Corea ten un alto custo e para costealo é necesario a solidariedade.

A cambadesa ten un mes e medio para conseguir os cartos. O tratamento que recibirá é específico para ela e freará o avance da enfermidade.

O tratamento é crónico e este ano Merchi necesitará tres visitas a Corea. A cambadesa certifica a seguridade do tratamento do que se decatou grazas á colaboración dos médicos e científicos que traballaron con ela.

Merchi agarda que o tratamento poida abrir o camiño para que outras persoas afectadas por Ame poidan loitar contra a enfermidade. Pide o apoio das administracións para colaborar con ela. Ademais realizarán diferentes eventos para recadar fondos, iniciativas que o concello de Cambados xa se mostrou a apoiar. As doazóns só serán posibles a través da conta bancaria ES78 2100 5036 4502 0030 7703.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí