O mellor panadeiro artesá de España está en Pontevedra

PONTEVEDRA> O cariño pola súa profesión, a constancia e o traballo levaron a Dani Pampín a converterse no mellor panadeiro artesá de España. Un pontevedrés que estivo toda a vida traballando entre fornos no negocio familiar dos seus pais e que dende hai uns meses decidiu abrir, coa súa muller, o seu propio obradoiro: Amásame Bakery Lab.

Esta panadería é o resultado de anos de constancia e de aprendizaxe. Un negocio formado por un tándem perfecto. El, panadeiro e ela pasteleira. Con esta compenetración todo parecía que estaba destinado a triunfar, e por iso, xuntos decidiron abrir este establecemento.

E se por algo destaca Amásame Bakery Lab é, sobre todo pola calidade e pola variedade dos seus produtos.

Pero como non ía a triunfar este establecemento se conta ademais co mellor panadeiro artesá de España. Dani Pampín conseguiu este premio o ano pasado en Cazorla. Unha recompensa a moitos anos de traballo.

Sen dúbida a profesión de panadeiro non é un traballo sinxelo, por iso Dani está convencido de que chegou ata aquí grazas a…

Esa paixón e esas ganas demóstranse cada día nos seus produtos. Pan, empanadas e doces de primeira calidade que conxugan á perfección a tradición deste oficio e creatividade dos novos tempos. Porque como din eles mesmos: “un bo pan non depende do lugar, depende das ganas de facer ben o teu traballo”, e tanto Dani como Natalia teñen ganas dabondo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí