PONTEVEDRA> Situación crítica a que están a vivir as axencias de viaxes. Moitos destes locais pecharon xa as súas portas tras a crise da Covid e, os que permanecen abertos, o fan sen rexistrar apenas reservas para os vindeiros meses. As caídas en ventas ascenden xa a máis do 90%.
Esta é a realidade de moitas axencias de viaxes. A incerteza tras a crise do coronavirus, a inestabilidade laboral e o medo da cidadanía a contaxiarse provocaron o peche de moitos destes establecementos. Os que permanecen abertos o fan sen moitas esperanzas de que a situación mellore.
A facturación destas axencias caeu en máis dun 95% nos últimos meses. Vender viaxes ao estranxeiro é practicamente imposible e viaxar dentro do territorio nacional tampouco parece ser unha opción moi demandada.
E se a situación que estaban a vivir as axencias de viaxes era preocupante, máis o é agora tras a decisión de países como Reino Unido de someter a unha corentena ás persoas que cheguen de España.
As axencias de viaxes non ven a luz ao final do túnel e aseguran que, de seguir así, a única solución vai ser pechar as portas.